jueves, 14 de junio de 2012

HISTORIAS DUN CUARTO DE BAÑO



Este 20 de xuño ás 6 da tarde estades todos invitados ao festival audiovisual do IES as Barxas,no que poderemos ver curtos realizados polos alumn@s de plástica e música.

Este 3º trimestre en plástica pasamos moitas tardes rodando a nosa peli “historias dun cuarto de baño” , as seis historias están conectadas polo escenario dun cuarto de baño , cada unha delas toca distintos xéneros cinematográficos.
 O guión, a dirección e a montaxe son  obra dos alumn@s de plástica, un traballo  moi completo, que vai desde o estudo do lenguaxe audiovisual, ao guión técnico, os ángulos da cámara, a rodaxe e a edición dun curto, fomenta o traballo en equipo, o bo rolo e o interdisciplinar.
Como recurso, destacar a colaboración do director de cine Xan Leira que nos dedicou moitas horas de clases para ensinarnos a escribir un guión cinematográfico.
DESTACAR e AGRADECER a implicación de gran parte do profesorado do IES as Barxas, descubrimos entre eles , auténticos dotes e xenio creativo para a interpretación , cantantes e ata bailaríns , sodes moi grandes compañeir@s.
Agradecer tamén a Seso Durán  este temazo,(que vós mesmos podedes comprobar), “YO NO SOY TU” é a canción do número musical  do curto “CABARET BARXAS”, un traballo de  Jennifer Cancelas , David Paredes  ,Noelia Riobó e David Molanes.
Música orixinal escrita, gravada e producida no Obradoiro músicasbarxas.
Letra e voces: Jennifer Cancelas, Seso Durán, e Iria Collazo
Esperamos a vosa visita e que vos gusten as nosas historias.

http://educortos.blogspot.com.es/2012/06/historias-dun-cuarto-de-bano.html?spref=fb

No hay comentarios:

Publicar un comentario